AVISOS FITOSANITARIOS PARA GALICIA (patapalo1411)

Tema en 'Plagas y enfermedades en frutales' comenzado por xomalone, 24/4/15.

  1. patapalo1411

    patapalo1411 Santi

    Mensajes:
    3.410
    Ubicación:
    La Coruña (Galicia)
    Y mañana el de la Xunta...
     
  2. Boletín fitosanitario de avisos e informacións
    24/04/2015


    Froita - Mazá

    Estado fenolóxico
    Maceira de mesa: E - G
    Maceira de sidra: D - F

    Incidencias fitopatolóxicas
    Pulgón cincento (Disaphys plantaginea) En maceira de mesa debemos de estar atentos ás femias “fundatrices” antes de que se refuxien entre os pétalos das flores (estado E2). Pulgón verde (Aphis pomi) Sin incidencias.

    Pulgón laníxero (Eriosoma lanigerum) Sin incidencias.

    Verme da mazá (Cydia pomonella) Lembrar que para que se produzca o primeiro voo de adultos debemos acadar 400 grados/día, segundo a fórmula bioclimática. A día de hoxe temos acumulados 373,1 grados/día. Na mesma data no 2014 tíñamos 511,5 grados/día e, no 2013, 318,4 grados/día. Reflíctese a importancia dos datos climáticos no desenrolo da praga, xa que o día 24/04/2014 aparecían as dúas primeiras capturas e as trampas estaban colocadas dende o día 13/04/2014. A fináis deste mes, comenzaremos a colocar as trampas de feromonas para tratar de representar a curva de vóo.

    Taladro (Zeuzera pyrina) Sin incidencias.

    “Orugueta del almendro” (Aglaope infausta) Sin incidencias.

    Moteado (Venturia inaequalis) Estamos na época máis crítica para as infeccións primarias.

    Oidium (Podosphaera leucotricha) Época de perigo relativo.

    Recomendacións:

    Mazá de sidra

    Nas variedades que acadasen o estado de botón rosa, deberemos dar un tratamento a base de insecticida e funxicida, xa que temos follas para recibir o caldo de tratamento.

    Mazá de mesa
    Estamos en plena floración ou empezando a caer os primeiros pétalos, polo que non debemos dar ningún tratamento fitosanitario a fin de protexer ós insectos polinizadores.

    Observacións
    Nas plantacións regulares de mazá de mesa, estamos na época do aclareo en flor. Cando a flor central do corimbo está callada débese dar o tratamento, que eliminaría o resto das flores do mesmo. Respecto á cuantía das horas-frío (temperaturas inferiores a 7 ºC no periodo de novembro a febreiro), acadáronse un total de 677,9 horas-frío (Estación de Mabegondo - Abegondo. A Coruña), cando as necesidades das maceiras oscilan entre as 700-900 horas-frío. Esta baixada débese ao cálido mes de novembro (só se acadaron 47,6 horas-frío), aínda que se ve favorecida polas 146,5 horas-frío acadadas no mes de marzo, totalizando, para o ano 2015, 824,4 horas-frío.

    Fuente: http://servizos.meteogalicia.es/agroMeteo/avisos/avisosIndex.action?request_locale=es


    Saludos.​
     
  3. AVISO FITOSANITARIO
    03/07/2015